Manifiesto
MANIFIESTO DE CAMPAÑA
Máis de 400 ONGD federadas na CONGDE e nas súas COORDINADORAS AUTONÓMICAS FEDERADAS, e outros actores representativos da sociedade civil española, en estreita coordinación coas organizacións e movementos sociais de máis de 100 países que realizamos conxuntamente a “Chamada Global para actuar contra a pobreza” ó longo de todo o ano 2005,
SUMANDO AS NOSAS VOCES MANIFESTAMOS:
QUE a persistencia da pobreza e a desigualdade no mundo de hoxe non se pode xustificar. A pesares dos esforzos realizados durante décadas, a fenda entre ricos e pobres segue aumentando. Hoxe, máis de 3.000 millóns de persoas carecen dunha vida digna a causa da pobreza. Fame, SIDA, analfabetismo, discriminación de mulleres e nenas, depredación da natureza, desigual acceso á tecnoloxía, desprazamentos masivos a causa dos conflitos, migracións provocadas pola falla de equidade na distribución da riqueza a nivel internacional… Son as diferentes caras dun mesmo problema: a situación de inxustiza que sofre a maior parte da poboación mundial.
QUE o desenvolvemento sostible no planeta está seriamente ameazado porque unha quinta parte da poboación mundial consume irresponsablemente, coa consecuente sobrexplotación dos recursos naturais.
QUE as razóns da desigualdade e a pobreza atópanse no xeito en que os seres humanos organizamos a nosa actividade política e económica. O comercio internacional e a especulación financeira que privilexia ás economías máis poderosas, unha débeda externa asfixiante e inxusta para moitos países empobrecidos, así como un sistema de axuda internacional escaso e descoordinado fan que a situación actual sexa insostible.
QUE para lograr a eficacia das políticas de Desenvolvemento Internacional, o Desenvolvemento Humano Sostible e Bens Públicos Globais é imprescindible avanzar na consecución dun goberno global democrático e participativo.
QUE o crecemento económico espectacular xerado nos últimos años non ten contribuído a garantir os dereitos humanos nin a mellorar as condicións de vida en todas as rexións do mundo, nin para todas as persoas sexa cal sexa a súa condición, xénero, raza ou cultura. Máis ben ó contrario, ten aumentado a desigualdade e a inxustiza até cotas escandalosas. O camiño da paz pasa por loitar contra a pobreza e a falla de equidade.
QUE loitar contra a pobreza, nas súas distintas dimensións, significa actuar contra a exclusión das persoas, a favor das garantías dos seus dereitos económicos, sociais e culturais que se traducen en protección, traballo digno, renda, saúde e educación, poder, voz, medios de vida, en condicións de igualdade. É un compromiso irrenunciable e impostergable: toda a sociedade no seu conxunto é responsable da súa consecución.
POR TODO ISO fanse eco do compromiso adquirido polos Gobernos e Estados asinantes da Declaración do Milenio de Nacións Unidas no ano 2000, respecto ó cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, como un primeiro paso, para erradicar a fame e a pobreza.
SOLICITAMOS:
- MÁIS AXUDA oficial ó desenvolvemento, priorizando ós sectores sociais básicos, até alcanzar o compromiso do 0,7%.
- MELLO AXUDA, desligada de intereses comerciais, orientada ós países máis pobres e coherente cos Obxectivos do Milenio.
- MÁIS COHERENCIA nas diferentes políticas dos nosos gobernos para que todas elas contribúan á erradicación da pobreza.
- CANCELAR A DÉBEDA IMPAGABLE: os países ricos, o Banco Mundial e o FMI deben cancelar o 100% da débeda dos países máis pobres.
- DÉBEDA POR DESENVOLVEMENTO: investir os recursos liberados pola cancelación da débeda dos países empobrecidos para alcanzar os Obxectivos do Milenio.
- CAMBIAR AS NORMAS DO COMERCIO internacional que privilexian ós países ricos e ós seus negocios e impiden ós gobernos dos países empobrecidos decidir como loitar contra a pobreza e protexer o medio ambiente.
- ELIMINAR AS SUBVENCIÓNS que permiten exportar os produtos dos países ricos por debaixo do prezo de costo de produción, danando o sustento das comunidades rurais nos países empobrecidos.
- PROTEXER OS SERVIZOS PÚBLICOS de liberalizacións e privatizacións co fin de asegurar os dereitos á alimentación, e de acceso á auga potable e a medicamentos esenciais.
- FAVORECER O ACCESO Á TECNOLOXÍA por parte dos países menos desenvolvidos, dacordo ás súas necesidades, para que poidan disfrutar dos seus beneficios.