Amigos da Terra participa na “Casa Solidaria”
Amigos da Terra participará do 11 ao 30 de decembro na “Casa Solidaria” que organiza a Casa da Xuventude de Ourense, nesta participarán diferentes organizacións entre elas Amencer, Aministia Internacional, Asociación contra o cancro, Manos Unidas Solidaridade Internacional entre outras.
O obxectivo desta “Casa Solidaria” é achegar a poboación as accións que levan a cabo as ONG,s en temas de Cooperación ao Desenvolvemento.
As actividades previstas nesta Casa Solidaria son as seguientes:
Luns 11: Charla coloquio “India como modelo de respecto e aceptación de todas as culturas e reflexións”. As 20:00, na sala de vídeo da Casa da Xuventude.
Martes 12: Proxección dun documental “Camino a Guantánamo”. As 20:30, no cine Duplex. rezo simbólico 2,50 euros.
Mércores 13: Charla coloquio “Pechemos Guantánamo”: Testemuño directo. As 20:00 no Salón de Actos da Casa da Xuventude.
Xoves 14: “Lecturas doutros países” que serán lidos por persoas deses países e tamén acción teatral a cargo do grupo Marañao. As 20:00, no salón de actos da Casa da Xuventude.
Venres 15: Presentación de Vídeo “Doce horas pola Terra”. As 19:00, na sala de vídeo da Casa da Xuventude.
Luns 18: Proxección de vídeo e conferencia dun membro do Frente Polisario, “Trinta anos no deserto, Os Refuxiados esquecidos”. As 20:00, na sala de vídeo da Casa da Xuventude.
Martes 19: Documento audiovisual “La Última Frontera”. As 19:00, na sala de vídeo da Casa da Xuventude.
Mércores 20: Proxección de vídeo e fotografía “Palestina”.As 20:00 na sala de vídeo da Casa da Xuventude.
Ademáis o venres 15 habera Feira de Asociacións e concerto do grupo Batuco Tabanca unha asociación de mulleres de Cabo Verde.
Achegate a Solidaridade!!!