Amigos da Terra Cooperación ao desenvolvemento

Arquivo de Novas Novembro, 2006

Amigos da Terra organiza un curso de Formación en Cooperación ao Desenvolvemento

Amigos da Terra organiza un curso de Cooperación ao Desenvolvemento para os seus voluntari@s, soci@s e traballador@s, o curso está enmarcado dentro do proxecto de Fortalecemento da organización, no que pretende dar a coñecer os seus proxectos de cooperación e a liña ambiental dos mesmo.

A formación realizarase na Casa da Xuventude de Ourense, o día 16 de novembro a partir das 17:30. É moi importante a túa asistencia xa que poderan coñecer de primeira man os proxectos de cooperación que se fan nos países como Nicaragua e o Salvador.

Se formas parte da asociación Apuntate!!! 

III Asemblea da Rede Solidaria da Mocidade

Amigos da Terra participou o pasado 27 de outubro na III Asemblea da Rede Solidaria da Mocidade, organizado por a ONGD Entreculturas, nesta participaron aredor de 160 rapaces e rapazas de varios Centros Educativos de toda Galicia. O obxectivo desta asemblea é potenciar a participación solidaria dos mozos e mozas mediante o apoio a un traballo continuado de acción solidaria ao longo do curso nos seus centros de ensino.

mesa

rapaces

Nesta xornada de encontro, organizaronse para os grupos varias actividades que pretenderon dar ideas de traballo aos grupos, motivalos, espertar a conciencia crítica dos mozos e mozas e aportarlles formación sobre as cuestións relativas ao desenvolvemento, a inxustiza, a participación.

mural

Este ano a Asemblea xirou aredor dos Obxectivos do Milenio, polo que cada unha das organizacións que asistiron encargaronse de tratar un obxectivo, a Amigos da Terra correspondeulle o Obxectivo nº7 que é “Garantir a sostibilidade ambiental”

charla

charla1

charla3

Os rapaces e rapazas puideron coñecer a través de diferentes dinámicas que relación existe entre pobreza e medio ambiente, lembrar algúns conceptos importantes sobre problemas ambientais que teñen que ver coa acción humana e tamén medir a súa pegada ecolóxica en canto ó consumo dos recursos.

dinamica2

dinamica