Amigos da Terra Cooperación ao desenvolvemento

Arquivo de Novas Agosto, 2006

Día Internacional das Poboacións Indíxenas

O 09 de agosto celébrase o Día Internacional das poboacións Indíxenas. Esta data foi decretada pola ONU por ser o aniversario do primeiro día da reunión que celebrou en 1992 o Grupo de Traballo sobre as poboacións indixenas da Subcomisión de Prevención de Discriminación e Protección das Minorías.

Na actualidade hai polo menos 5000 grupos indíxenas integrados por 300 millóns de persoas que viven en máis de 70 países en cinco continentes. Muchos deles foros excluidos dos procesos de toma de decisións de seus países, a moitos deles se lles marxinou e viven nun grave estado de pobreza. Asemesmo, a maioría viven nunha constante loita pola defensa de seus dereitos, que é os dereitos humanos máis elementais como o dereito á vevenda, traballo, educación, saúde e alimentación.

Todolos países están formados por máis dun grupo étnico, como consecuencia dos intercambios culturais, socias e económicos que os seres humanos habemos realizado a través da historia. Cada grupo étnico o cada pobo produce unha cultura que dá como resultado distintas costumes, tradicións, linguas, vestuarios, arquitectura, etc. Non hai culturas superiores, nin inferiores, senón diversas. Todolos seres humanos somo iguales en canto a dignidades e dereitos. Sen embargo existen grupos como os indíxenas, que hoxe en día seguen sendo víctimas da inxustiza e a discriminación.

Por elo desde Amigos da Terra cremos que a cooperación ao desenvolvemento é unha ferramenta perfecta para contribuir a que esas poboacións persistan e que parte do seus coñecementos, polo menos o que respecta a manter o equilibrio coa natureza, sexa asumido polas poboacións occidentais, como un modelo claro de sostibilidade.

A diversidade cultural é un aporte á humanidades e debemos contribuir a súa preservación.