Comercio Xusto
O Comercio Xusto é un movemento internacional que reclama e promove unhas relacións comerciais máis xustas entre o norte e o sur, xa que, ademais de empregar criterios económicos, teñen en conta valores éticos que abarquen aspectos tanto sociais como ecolóxicos.
O Comercio Xusto trátase de productos elaborados por grupos desfavorecidos de países en vías de desenvolvemento e que comprenden diferentes sectores, dende alimentación ata unha gama ampla de obxectos de regalo fabricados de forma artesanal.
A primeira tenda de Comercio Xusto abriuse en 1969 en Holanda e de aí expandiuse por os Países Baixos, Alemania, Suiza, Austria, Francia, Suecia, Gran Bretaña e Bélxica, e ata 1986 abrirónse as primeiras duas tendas en España (Andalucía e País Vasco). En 1990, despois de dez anos de cooperación informal naceu a European Fair Trade Association (EFTA ou Asociación Europea de Comercio Xusto).
Principios nos produtos de comercio xusto
- 1. Garantía de salarios que permiten ter unha vida digna.
- 2. Non hai explotación infantil.
- 3. Os homes e as mulleres cobran igual salario.
- 4. Establécese unha relación a longo prazo e realízanse pagos por adiantado o que permite planificar con seguridade.
- 5. Os productores adican unha parte dos beneficios a necesidades da comunidade (saúde, educación, formación, etc…)
- 6. Respéctase o medio ambiente.
- 7. Redución da cadea de intermediarios.
Suxeitos que interveñen no comercio xusto
No comercio Xusto interveñen tres suxeitos económicos:
- O pequeno Produtor Asociado do sur, que se une a un proxecto de economía alternativa.
- O Mediador – Facilitador, que distribúe os produtos no chamado primeiro mundo sen ánimo de lucro.
- O consumidor responsable do Norte que, consciente do seu poder de compra, está disposto a pagar un sobreprezo por un produto elaborado con dignidade e de excelente calidade.
TENDAS EN GALICIA
As tendas de Comercio Xusto en Galicia son:
A Coruña
Intermón Oxfam
C/Estrecha de San Andrés, 12
15003 A Coruña
Tlfno. 981 207925
www.intermonoxfam.org
Lugo
A Cova da Terra
Rúa Nóreas, 12 baixo.
27001 Lugo
Tfno. 982 230211
Santiago de Compostela
Panxea
Rúa Gómez Ulla 4.
15702 Santiago de Compostela
Tfno. 981 590081. panxea@panxea.org
Centro de Recursos de Amarante en Santiago de Compostela
Praza Sofía, 4. 15705 Santiago de Compostela.
Ourense
Solidaridade Internacional
Rúa da Paz, nº8, Ourense.
Pontevedra
A Factoria do sur. Centro Alternativo
Rúa do Ponte, 8. Pontevedra.
Vigo
Centro Crisol
Avda. das Camelias, 14. 36202. Vigo.
TAMÉN PODES MERCAR COMERCIO XUSTO EN:
Arbore – Cooperativa de Consumo
Rúa A. Pérez Bellas, 5, 36211. Vigo.
Tlfno. 986 233497
arborecop@mixmail.com
Enxebre – Agricultura Ecolóxica
Rúa Os durans, 8 Vilagarcia Tlfno: 986/502151- 660542303
Hortasan – Agricultura do Ulla
Mercado de Abastos, Rúa Serra, Pontevedra
Tlfno: 650 418099