A Directora Xeral de cooperación exterior visita este próximo 24 de marzo o proxecto que Amigos da Terra en colaboración coa Coordinación de Comunidades para el Desarrollo del Cacahuatique (CODECA), está a executar no Salvador, financiado pola Presidencia da Xunta de Galicia, Dirección Xeral de Cooperación, o proxecto leva o título de “Desenvolvemento de accións de manexo na Área Natural Bahía da Unión, Golfo de Fonseca”.
O proxecto ten como finalidade “ A Conservación e manexo sostible dos recursos mariño costeiros da Bahía da Unión Golfo de Fonseca”, mediante a execución de accións prioritarias do plan de ordenamento, formulado co apoio técnico – financiero da AECI. O proxecto beneficiará directamente a 300 produtores, estudantes e funcionarios (109 mulleres e 191 homes). Para acadar os obxectivos plantexados executaranse 4 grandes compoñentes:
- Educación ambiental
- Vixiancia e control dos recursos naturais
- Xestión participativa dos recursos naturais
- Promoción da xestión sostible dos recursos pesqueiros
Desde Amigos da Terra cremos que é unha boa iniciativa por parte da Dirección Xeral de Cooperación, avaliar os proxectos de cooperación que financian, xa que é unha forma de asegurar que os proxectos que se executan sexan sostibles e que de verdade se plantexe a cooperación a longo prazo asegurando que as poboacións locais sexan as responsables da continuidade dos mesmos.
É por esta razón que tamén Amigos da Terra está avaliando in situ os proxectos tanto en Nicaragua como no Salvador para comprobar os resultados acadados do proyecto “Reconversión dos cortadores de mangles no Estero Real Golfo de Fonseca, Nicaragua”. e dar seguemento a o proxecto de El Salvador que na actualidade se está a executar.