Amigos da Terra Cooperación ao desenvolvemento

Amigos da Terra asina un Convenio de Colaboración con Caixa Galicia

O próximo venres 17 de marzo as 12:00 horas na oficina principal de Caixa Galicia en A Coruña ( Rúa Nova 30-32 ) firmarase o Convenio de colaboración entre Amigos da Terra e Caixa Galicia, con motivo da selección do proxecto “Xestión local para a promoción de grupos vulnerables e mellora das condicións medioambientais nos municipios de Villa del Carmen e San Rafael do Sur – Nicaragua”, na VII Convocatoria de Cooperación ao Desenvolvemento de Caixa Galicia.

Dona Cristina Gómez en representación de Amigos da Terra reunirase con D. Manuel Aguilar, Director da Obra Social da Caixa de Ahorros de Galicia para a firma do convenio no que dice que Caixa Galicia subvencionará a Amigos da Terra a axuda de 29.773,70 euros para a realización do proxecto antes mencionado. Para Amigos da Terra supon un logro moi grande xa que significa que nos estamos abrendo un oco no ámbito da Cooperación e sobre todo estamos gañando confianza cas entidades doantes en Galicia xa que este é o noso sexto proxecto no ámbito da cooperación que nos financian.

Por todo esto Amigos da Terra seguira traballando para intentar mellorar as condicións dos pobos máis necesitados e tamén loitando para que a sociedade e os gobernos consideren a cooperación ao desenvolvemento como prioritario.