Amigos da Terra Cooperación ao desenvolvemento

Bahía

Desenvolvemento de accións de manexo na Área Natural Bahía de La Unión, Golfo de Fonseca

O proxeto “Desenvolvemento de accións de manexo na área natural Bahía de La Unión, Golfo de Fonseca” ten como finalidade “Conservación e o manexo sostible dos recursos mariños costeiros da Bahía de La Unión Golfo de Fonseca”, mediante a execución de accións prioritarias do plan de manexo, recén formulado co apoio técnico – financieiro da AECI, coherentes cos obxectivos e categoría de manexo definidas para a área protexida.

O territorio da Bahía da Unión e illas do Golfo de Fonseca pertencen ó departamento da Unión e adscríbense política e administrativamente ós concellos de Pasaquina, San Alejo, La Unión, Conchagua e Meanguera del Golfo. Os concellos á súa vez divídense en cantóns e caseríos.

O proxecto actuará no sector medioambiental do Golfo de Fonseca 5,858 hectáreas de bosque salgado que se viu afectado pola tala indiscriminada dos bosques salgados (segundo Nestor Herrera, Corredor Biológico Centroamericano, destrúense un promedio 100 ha anuais de manglares); este é o hábitat natural das especies mariñas de grande valor nutritivo e comercial (punches, cangarexos, conchas, curiles, peixes, camaróns entre outros e non so estas especies se ven afectadas, senón, outras especies como as aves, garrobos e iguanas, mapaches, reptís etc). Nesta dinámica o home convírtese en causa e efecto xa que ó talar os bosques salgados destrúe o hábitat das especies de onde extrae os produtos de onde obten os seus ingresos.

A situación ambiental de El Salvador é alarmante, particularmente o grao de deterioro das áreas naturais, xa que só o 2% do territorio nacional conserva aínda os seus bosques orixinais. De continuar as tendencias actuais, nunha ou dúas décadas o deterioro será irreversible e El Salvador terá perdido o pouco patrimonio natural que aínda conserva (Moore et. Al. 1997, en PROARCA / Costas 2001)

A área natural da bahía da Unión e illas do Golfo de Fonseca atópase ubicada na rexión oriental do Salvador, no Golfo de Fonseca, e pertence ás rexións hidrográficas da Cuenca do río Goascorán (compartida con Honduras) e á rexión hidrográfica comprendida entre os ríos Grande de San Miguel e Goascorán (EPYPSA/IBERINSA 2004).

O proxecto beneficiará directamente a 300 produtores, estudiantes e funcionarios (109 mulleres e 191 homes) dos seguintes cantóns, que son parte da zona de amortiguamento da área natural: Tablón, Los Jiotes, Cercos de Piedra, Güisquil, Barrancones, Mogotillo, Piedras Blancas e Sirama.

Para conquerir os obxectivos plantexados executaranse 4 grandes compoñentes, e en cada un deles inclúense un conxunto de actividades específicas:

1) Educación Ambiental; transversal a todo o proxecto, e encamiñado a modificar o actual esquema de conduta dos habitantes que fan uso dos recursos mariño costeiros do Golfo, baseado nun proceso de trasmisión de coñecementos, con métodos participativos, teóricos-prácticos; os temas centrais serán os contidos principais do Plan de Manexo e a recén aprobada Lei de Áreas Naturais Protexidas. Para a execución deste compoñente conformarase un equipo de traballo coa participación de técnicos do Ministerio do Medio Ambiente e Recursos Naturais MARN, a Policía Nacional Civil división do Medio Ambiente PNC DA, CENDEPESCA e CODECA; este equipo avaliará os contidos, o método, os materiais e recollerán e interpretarán as opinións dos participantes. Reproduciranse os documentos e entregaránselles a cada un dos asistentes. Nos grupos participantes neste compoñente atópase a poboación estudiantil de educación básica (de 7° a 9° grado) de 3 centros escolares; 30 funcionarios locais de nivel municipal e departamental e pescadores artesanais da zona.

2) Vixilancia e control dos recursos naturais: Elaborarase e implementarase, na súa primeira fase, un sistema de control e vixiancia da Área Natural Protexida zona dos manglares. En primeira instancia efectuarase un primeiro achegamento da ubicación actual do perímetro da zona dos manglares, baseándonos nos rexistros actuais do catastro, coa participación das comunidades. Posteriormente, e sobre os resultados da etapa anterior, realizarase unha sinalización con boias, alambrados e mojones, o que permitirá identificar claramente as beiras marítimas que pertencen á unidade. A sinalización do perímetro será completada coa rotulación das áreas que deberán ser protexidas de xeito inmediato pola súa importancia e o seu nivel de deterioro; para iso instalaranse carteis con mensaxes de orientación, preventiva e educativa relacionados coas especies e as restricións da zona. Tamén se diseñarán as rutas de control e vixiancia, os seus tempos de percorrido, puntos críticos, lugares de pernoctación, ubicar onde funcionarían as casetas de control e a cantidade que requeriría de garda parques para a proteción. Contémplase un plan de capacitación a 25 potenciais garda parques, que serán selecionados dos mozos destacados das comunidades co apoio das Asociacións de Desenvolvemento comunal. Todo este esforzo realizarase coa participación activa e decisiva das Xuntas directivas das Asociacións Comunais que son os que coñecen de mellor xeito a zona e a súa historia.

3) Xestión Participativa dos Recursos Naturais; promoverase a organización comunitaria local, co obxectivo de crear unha estrutura de participación no manexo da Área Protexida. Para tal efecto realizaranse asembleas comunais en 8 cantóns e caseríos para a elección de representantes para a conformación, reglamentación e funcionamento do Comité Asesor Local (CAL), figura establecida na recén aprobada lei de Áreas Naturais Protexidas. Este organismo deberá estar constituído por representación do MARN, alcaldías municipais, ONGs e as Asociacións de Desenvolvemento Comunais, e definiranse os fins, funcións e atribucións.

4) Promoción da xestión sostible dos recursos pesqueiros, co obxectivo de iniciar o proceso de diminución da sobre explotación dos recursos pesqueiros e a mellora das condicións produtivas do sector pesqueiro da zona (actividade económica maioritaria na zona do proxecto). En primeira instancia realizarase un censo produtivo ós poboadores que realizan actividades de pesca, onde se rexistren as técnicas e ferramentas que éstes usan nas súas actividades extractivas. Isto permitirá identificar as prácticas e o alcance que éstas teñen. Sobre a base deste estudo, formularase un Manual de boas prácticas de pesca, que será divulgado e interiorizado polo grupo de pescadores beneficiados; posteriormente, e como inicio do proceso de reconversión do sector, crearase un Fondo para a pesca sostible, que funcionará como un fondo revolvente, e que financiará ós pescadores con disposición de modificar técnicas de pesca inadecuadas cara mellores prácticas. Finalmente, e durante todo o proxecto, fomentarase a organización de pescadores e comercializadoras que permita mellorar as condicións da actividade.