O tema da Cooperación esta collendo moito auxe, e cada día máis xente está interesada en cooperar e prestar o seu tempo a desenvolver actividades que poidan mellorar as condicións dos países menos desenvolvidos.
Pero esta cooperación non pode facerse dun xeito desorganizado, senón que ten que seguir uns principios moi básicos, que ademáis de recoller as boas intencións de colaborar este acompañada dun saber estar nunha cultura e un sistema de valores diferente daquel no que se formou o cooperante.
E por iso que a Coordinadora Galega de ONG,s publicou unha guía orientativa de conduta dirixida a persoas que participen en proxectos de cooperación ao desenvolvemento. O texto da publicación pertence a Víctor Viñuales.
Os mandamentos do cooperante son os seguintes:
- Deixaras a contraparte local protagonizar o proxecto
- Estimularas a autoestima na contraparte local
- Non axudarás a quen non se axuda a si mesmo
- Cooperarás, non faras doazóns
- Atenderás o proceso: é o fundamental
- Comprederás a cultura local
- Evitarás o norte-centrismo nas túas análises e na túa conduta
- Non imporás, pero aceptarás todo
- Non te enganes: o poder esta desigualmente repartido
- Serás ponte: traducirás as dúas lóxicas
- Coordinarás o teo proxecto co dos outros
- Aceptarás que a meta non e ser querido polos pobres
- Descrubrirás que cooperar é aprender
- Conveceráste que a finalidade da cooperación e desaparecer.
Desde Amigos da Terra animamoste a que colabores como cooperante nalgúns dos proxectos que desenvolven as organizacións nos países menos desenvolvidos, de maneira que podas contribuir a un cambio.
Guía dos mandamentos do Bó Cooperante