Amigos da Terra Cooperación ao desenvolvemento

Reactivase a Campaña Pobreza Cero en Ourense

O día 28 de setembro na Casa da Xuventude, reuniranse 12 organizacións para reactivar a Campaña “Pobreza Cero”, que se levou no ano pasado. Esta campaña trata de facer presión aos políticos para que cumpran cos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio que se asinaron no ano 2000 e que tiñan de prazo de cumprimento o ano 2015, e habendo pasado seis anos, ainda non se acadou nada.

E por iso que as organizacións de Ourense reuniranse este xoves 28 de setembro as 20:30 para organizar unha movilización para o día 21 de outubro baixo o lema “Rebélate contra a Pobreza. Máis Feitos, Menos Palabras”.

Únete á Movilización, que non exista pobreza depende de todos e todas!!!