Amigos da Terra Cooperación ao desenvolvemento

Arquivo de Novas Abril, 2006

Amigos da Terra participa nas I Xornadas de Cooperación e Comunicación Social

Amigos da Terra estará a partir do día 18 ata ó 21 de abril participando nas Xornadas de cooperación e Comunicación social. Os obxectivos das xornadas é sensibilizar ós/ás profesionais da información, así como a comunidade estudiantil desta profesión, sobre a realidade que supon o labor da cooperación que tanto dende ONG,s como dende outras institucións, entidades e dende a iniciativa individual se ven desenvolvendo en Galicia.

Por outra banda pretenden poñer as ferramentas necesarias para que as ONG,s poidan vender mellor as súas labores de cooperación para ó desenvolvemento dos países e pobos máis desfavorecidos

Entre os temas que trataranse estan:

  • A cooperación dende Galicia,
  • O desafio da Comunicación,
  • Os copromisos dos medios na información sobre cooperación, entre outros.

A partir de aqui cremos que Amigos da Terra tendrá as bases para facer unha mellor promoción do traballo en cooperación e das realidades dos países empobrecidos.