Amigos da Terra Cooperación ao desenvolvemento

Arquivo de Novas Outubro, 2007

A Coordinadora Galega de ONGD organiza unhas Xornadas de Codesenvolvemento

O pasado verán celebrouse en Santiago de Compostela a “I Xuntanza entre Asociacións de Inmigrantes e ONGD”, de dita Xuntanza saiu conformado un grupo de Codesenvolvemento, do que Amigos da Terra forma parte. O obxectivo deste grupo é constituirse como unha comisión de traballo conxunta da Coordenadora Galega de ONGD e do Foro Galego de Inmigración, para dar resposta a unha necesidade das dúas plataformas de coordinación de explorar vías de traballo conxuntas que permitan artellar de forma participativa e efectiva proxectos de codesenvolvemento de Galiza cos lugares do mundo dos que procede a poboación que se establece no noso pais.

É asi como xurde a idea de celebrar unhas “Xornadas de Migracións e Desenvolvemento” ca finalidade de Suministrar un marco teorico para afondar no concepto de codesenvolvemento, así como coñecer a opinión dos distintos axentes implicados, as datas establecidas para a celebración é o 09 e 10 de novembro, na Fundación Caixa Galicia, Rúa do Vilar 19, Santiago de Compostela.

A inscrición é gratuita chamando a Coordinadora Galega ao teléfono 981 58 51 89.

Amigos da Terra lanza unha nova Campaña “Un café Xusto, Por Favor”

A sociedade actual cegada por un destrutivo consumismo disfrazado polas multinacionais como camiño para acadar o tan desexado estado de Benestar, acaba por xerar necesidades e incrementar as diferenzas Norte-Sur.

A campaña “Un café xusto por favor” xurde dende Amigos da Terra coa idea de rescatar e impulsar novas iniciativas na procura de conseguir que bares, cafés, locais sociais e culturais, ofrezan a posibilidade de consumir café, infusión e cacao de comercio xusto.

comercio-xusto.jpg

Ler máis…

Amigos da Terra celebra a “Semana contra a Pobreza”

O 8 de setembro do ano 2000, o Cume do Milenio reunía na sede da Organización de Nacións Unidas en Nueva York a 189 Xefes de Estado e de Goberno, co fin de transmitir a mensaxe clara de que a erradicación da pobreza mundial debía ser unha prioridade para todas as nacións. Este espírito reflectiuse na Declaración do Milenio que asinaron todos os asistentes ao cume, e que constitúe fundamentalmente un firme compromiso cos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio.

2006_concentracion_pobrezac.jpg

Os primeiros sete obxectivos acordados fan referencia á erradicación do fame e a pobreza, a educación primaria universal, a igualdade de xénero, reducir a mortalidade infantil e maternal, a detención do avance do VIH/SIDA, paludismo e tuberculose e a sustentabilidade do medio ambiente. O Obxectivo 8 céntrase en fomentar unha asociación mundial para o desenvolvemento a través da materialización dun compromiso firme que aúne recursos e vontades en forma de alianzas entre países ricos e pobres. Ler máis…

Amigos da Terra presentará en Rolda de Prensa os Resultados do Proxecto de Villa El Carmen, Nicaragua

Amigos da Terra presentará os resultados do Proxecto de “Xestión Local para a Promoción de Grupos Vulnerables e Mellora das condicións de Medio Ambiente do Municipio de Villa El Carmen”, a través dunha xornada que se celebrarán en Ourense o día 05 de Novembro as 20:00 p.m, na Obra Social de Caixa Galicia, Rúa do Paseo Nº6.

Convídamoste a participar e coñecer as experiencias de Cooperación con enfoque ambiental de Amigos da Terra.