Amigos da Terra Cooperación ao desenvolvemento

Seminario de Cooperación

Seminario de “COOPERACIÓN Ó DESENVOLVEMENTO NO ÁMBITO MEDIOAMBIENTAL: UN CAMIÑO POR PERCORRER”

Os problemas medioambientais cos que nos atopamos hoxe, sobrepasan, na maioría dos casos as nosas esferas cotidianas, locais ou nacionais para converterse en problemas mundiais, xa que estamos nun mundo que cada día avanza no desenvolvemento de tecnoloxías novas que moitas veces non van acorde co noso medio ambiente.

Amigos da Terra

Por todo iso faise preciso plantexarse estratexias que sirvan para diminuír aqueles impactos que puideran ser irreversibles. De maneira que a sociedade sostible debe ser, ó noso xuízo, o novo obxectivo a adoptar, avanzar cara a ela só é posible dende a planificación democrática e participativa dunha sociedade que aposta decididamente polo cambio do modelo de desenvolvemento e de toma de decisións. Unha destas estratexias comprende a cooperación ó desenvolvemento, pero non aquela cooperación na que o organismo donante impón os seus criterios e obxectivos, senón a cooperación participativa onde a comunidade involucrada propón tamén alternativas de mellora do uso dos seus propios recursos naturais.

Seminario de cooperación

É así como Amigos da Terra, unha asociación ecoloxista que sempre destacou por plantexar unha actitude de defensa do medio ambiente, realista e constructiva, traballa no ámbito da Cooperación ó Desenvolvemento coa idea de fomentar un modelo participativo, xusto e non agresivo co medio ambiente nin coas poboacións e culturas. A nosa forma de actuación inclúe a identificación daqueles lugares de importancia ambiental, a súa recuperación e conservación, pero sen esquecer ás poboacións que viven nelas e que son as que deben garantir a sostibilidade ambiental das zonas. Para iso, unimos o elemento ambiental ó social e estamos desenvolvendo plans de estudo e manexo das zonas con proxectos de alfabetización ou de potenciación de iniciativas de emprego sostible.

Temos unha grande experiencia en temas de cooperación no ámbito medioambiental e queremos transmitila, xa que iniciamos a partir de 1994 presentando proxectos a convocatorias no só da AOD (Axuda Oficial ó Desenvolvemento) senón tamén da Cooperación Descentralizada conformada por Concellos e entidades privadas que apoian e cooperan para o Desenvolvemento de pobos menos favorecidos. Estamos desenvolvendo diversos proxectos, fundamentalmente en Nicaragua, México e Arxentina, ata hoxe temos xestionado a cantidade de 3.900.000,00 euros aproximadamente, que comprenden diferentes proxectos relacionados co desenvolvemento sostible, agricultura sostible, xestión ambiental, fortalecemento das capacidades das comunidades involucradas, investigación, etc.

Seminario de cooperación

A idea de facer un seminario sobre cooperación ó desenvolvemento foi para aportar elementos validos para unha análise profunda sobre as estratexias e métodos que se están a levar a cabo en temas de cooperación internacional, relacionada co medio ambiente, así como establecer liñas de acción entre distintas ONG’s, cremos que a cooperación internacional no ámbito ambiental é un tema que aínda está incipiente, por iso á preciso o fluxo de información entre as organizacións participantes. Ademais consideramos moi importante que a cooperación ó desenvolvemento debe estar enfocada a construír sociedades sostibles, é dicir, que xestionen os recursos naturais de xeito que se garanta a súa renovación e que non se poña en perigo o seu uso polas xeracións vindeiras.

Seminario de cooperación

É por iso que precisamos o apoio de todos aqueles que identificados cos nosos obxectivos e compromiso se unan para sinerxizar o desenvolvemento de sociedades sostibles.

Resultados alcanzados:

Seminario de cooperación

Seminario de cooperación

PARTICIPANTES

01. Emilio Eiroa … Centro de divulgación ambiental (CEIDA)
02. María del Mar Lado Vila … Coordinadora Galega
03. Felipe Alber … Biólogo
04. Judith Sing Jackson … Coordinadora Proyectos Amigos da Terra
05. Analia Moares … Técnica ambiental Amigos da Terra
06. Laura Carballo … Natura Hispánica
07. Sabela Lozada … Secretaria Gral de Relación con la Unión Europea y Cooperación Exterior – Xunta
08. Xosé María Torres … Farmamundi
09. Carmen Fernández … Farmamundi
10. Raquel Fernández … Bióloga
11. Felix Castro … Amarante
12. José Luis Quintela … Intermon
13. Jorge Pedre … UNICEF
14. Marisol Herreño … Responsable de Proyectos Amigos de la Tierra
15. José Antonio Pascual … Asesor técnico Amigos de la Tierra
16. Virginia Romero … Consultoría Devalar
17. Sabela Couceiro … Obra Social Caixa Galicia
18. Carlos Abad López … Comisión de cooperación Amarante
19. Xulio López Pérez … Director Amigos da Terra
20. Raquel Carballo … Ing. técnica agrícola y Lic. En ciencias ambientales
21. Clara Álvarez … Administrativa y educadora social
22. María del Pilar Alvarez Moreno … Presidenta PROMUN
23. Felipe Mauro López … Ingeniero de montes
24. Angel Manuel Vázquez Dorrío … Biólogo
25. Gonzálo Blanco Vázquez … Voluntario Amigos da Terra
26. Nelson Leandro Piñeiro … Voluntario Amigos da Terra

Seminario de cooperación

Documento PDFDocumento Seminario de Cooperación Amigos da Terra PDF 1.23 MB