Liñas do Plan Director da Cooperación Galega 2006-2009, presentado pola Dirección Xeral de Cooperación no Clube Internacional de Prensa Santiago
O día 04 de xaneiro presentoúse o Plan Director da Cooperación Galega, no que se anunciaba que iste ano 2006 dedicariase máis esforzos na sensibilización e comunicación á sociedade.
E necesario ter claro que a sensibilización é unha ferramenta importante para solucionar a desigualdade que existe no mundo e explicar porque é necesario cooperar. Asemesmo a Xunta promoverá o fortalecemento dos actores que interveñen na cooperación, especialmente as Organizacións non Gobernamentais para o Desenvolvemento (ONGD), fomentando a formación técnica, a experiencia compartida, unha maior independencia financeira e a prestación de axudas para a elaboración de plans estratéxicos.
Ademáis a Xunta dixo tamén que pretende incluír a cooperación internacional na acción política transversal do Goberno galego, fortalecéndoa en medios materiais e humanos para poder levala a cabo”. Neste sentido Perez Touriño, subliñou que se acadará o 0,4 por cento dos orzamentos da Xunta ao cabo desta lexislatura.