Amigos da Terra Cooperación ao desenvolvemento

Amigos da Terra celebra a “Semana contra a Pobreza”

O 8 de setembro do ano 2000, o Cume do Milenio reunía na sede da Organización de Nacións Unidas en Nueva York a 189 Xefes de Estado e de Goberno, co fin de transmitir a mensaxe clara de que a erradicación da pobreza mundial debía ser unha prioridade para todas as nacións. Este espírito reflectiuse na Declaración do Milenio que asinaron todos os asistentes ao cume, e que constitúe fundamentalmente un firme compromiso cos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio.

2006_concentracion_pobrezac.jpg

Os primeiros sete obxectivos acordados fan referencia á erradicación do fame e a pobreza, a educación primaria universal, a igualdade de xénero, reducir a mortalidade infantil e maternal, a detención do avance do VIH/SIDA, paludismo e tuberculose e a sustentabilidade do medio ambiente. O Obxectivo 8 céntrase en fomentar unha asociación mundial para o desenvolvemento a través da materialización dun compromiso firme que aúne recursos e vontades en forma de alianzas entre países ricos e pobres.

A pesar dalgúns avances, os acordos internacionais asinados polos líderes mundiais seguen lonxe de cumprirse. Neste senso, África subsahariana segue sendo a rexión do mundo con máis persoas vivindo na pobreza. Se non se reforzan as accións de loita contra a pobreza, no ano 2015 serán 800 millóns de persoas as que vivan con menos de 1 dólar ao día, mentres que o compromiso internacional cifraba en 420 millóns a meta exposta polos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM).

É por iso que un ano mais Amigos da Terra únese a Celebración da “Semana Contra a Pobreza” baixo o Lema “Rebélate contra a pobreza” no que temos previsto a realización de diferentes actividades entre os días 15 ao 21 de outubro, o obxectivo é sensibilizar a poboación sobre a situación que viven os países menos favorecidos, e recoller sinaturas para presionar aos gobernos para que cumpran cos Obxectivos do Milenio.

Accións Programadas:

15 de outubro: Rolda de Prensa para presentar a Campaña e as actividades, Sede de Amigos da Terra, Ourense, 12:00 a.m.
16 de outubro: Mesa informativa Frente as Galerias Viacambre, Ourense, 17:00 ata 20:30 p.m.

17 de outubro: Mesa informativa Frente as Galerias Viacambre, Ourense, 17:00 ata 20:30 p.m.
Mesa Redonda: Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, Santiago, Salón de Graos da Facultade de Ciencias Políticas, USC. 18:00 p.m.

21 de outubro: Concentración en Santiago de Compostela na Praza do Toural a partir das 11:00 a.m., na que haberá prsentacións de vídeos, representacións teatrais, música, etc.


Animamoste a participar!!!
pensa que esto é unha cuestión que preocupa realmente á cidadanía, e xa o vimos demostrando co firme compromiso en tódalas mobilizacións convocadas ata o momento, ademais na solidariedade que mostramos sistematicamente nos momentos de crises humanitarias. Mobilizacións e solidariedade que contribuíron decisivamente a certos avances que, con todo, resultan aínda insuficientes.

Por iso ven, achégate a Santiago o día 21 de Outubro Mobilizate con nós, os mais desfavorecidos necesitan o teu apoio.