Reunión da Comisión de Comercio Xusto
O pasado 21 de xullo do 2006 conformouse na sé da Coordinadora Galega de ONGD a Comisión de Comercio Xusto, desta forman parte as seguintes organizacións: A Cova da Terra, Amarante, Coopera, Intermón Oxfam, Solidaridad Internacional de Galicia, Taller de Solidaridad e Amigos da Terra.
Dita Comisión traballará en torno a tres eixes:
- Difusión, sensibilización e educación
- Presión política
- Formación Interna
É así que a Comisión de Comercio Xusto, reunirase o venres 29 de setembro as 20:00, na sé da Coordinadora en Santiago de Compostela para elaborar o Plan de Traballo da Comisión.