Amigos da Terra Cooperación ao desenvolvemento

Amigos da Terra Participa na Primeira Semana Solidaria en As Pontes, A Coruña

Amigos da Terra Cedeira participará este xoves 13 de xullo na Primeira Semana Solidaria que organiza o Concello de As Pontes, nesta habera unha caseta informativa onde presentaremos os proxectos de cooperación que se desenvolven en Latinoamérica. 

O Concello de As Pontes comenta que A Semana Solidaria e unha chamada á solidaridade e a promover unha sociedade máis xusta. Así como unha oportunidade para que as ONG,s intercambien experiencia e coñecemento, poidan dar a coñecer o seu traballo.

Se queres coñecer máis de preto o que fai Amigos da Terra achegate ata o Parque Municipal de As Pontes a partires da 16.30 ata 20:30.