Amigos da Terra Cooperación ao desenvolvemento

Amigos da Terra participa nunha Mesa de Discusión sobre o Obxectivo de Desenvolvemento Nº7

O día 8 de septembro do ano 2000, a Cume do Milenio reunía na sé da Organización de Nacións Unidas en Nueva York a 189 Xefes de Estado e de Goberno, co fin de transmitir a mensaxe clara de que a erradicación da pobreza mundial debía ser unha prioridad para todas as nacións. Este espírito reflectiuse na Declaración do Milenio que asinaron todos os asistentes ao cume, e que constitúe fundamentalmente un firme compromiso cos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio que pretendense acadar no 2015.

E por is que O Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade covidanos a participar á Reviravolta Por un desenvolvemento Sostible, encadrada na campaña “Voces de Aquí e de Alá revirando o Milenio”, que xira aredor dos Obxectivos do Milenio, así como nunha mesa de discusión entre asociacións que traballan no tema medioambiental, na que se discutirá o obxectivo numero 7.

Este obectivo trata de Garantir a sostenibilidad do medio ambiente a través de integrar os principios de desenvolvemento sostible nas políticas e programas dos países, e de reducir a metade a porcentaxe de persoas que carece dun acceso sostible a auga potable segura.

O aporte de Amigos da Terra a este obxectivo e a forma na que se fan os proxectos de cooperación ao desenvolvemento nos cales imprimese o toque ambiental o máis ben integral que inclue mellora das condicións da calidade de vida das poboacións menos desenvolvidas, mellora das condicións ambientais, e mellora das infraestructuras. Por esta razón e moi importante que a nosa organización participe xa que estamos seguros que a única forma de combater a pobreza no mundo e mellorando as condicións ambientais das comunidades.

A Reviravolta terá lugar en Allaríz, este xoves 13 as 20:30, no Centro Social O Portelo e a mesa de discusión será as 18:30.