Amigos da Terra Cooperación ao desenvolvemento

Amigos da Terra lembra a cidadanía o importante papel que cumpren os cooperantes galegos

Co motivo da celebración do Día do Cooperante Amigos da Terra quere dar un recoñecemento público ó traballo desenvolvido por este colectivo na loita contra a probreza, xa que fan posible que moitos proxectos de cooperación se executen eficazmente.

Palabras-Alcalde.jpg

Na actualidade, uns 1.400 españois, deste 49 son galego, realizan tarefas de cooperación ao desenvolvemento en 63 países, sen contar persoas voluntarias, brigadistas, misioneiros, ni becarios. Todos eles rixense polo Estatuto do Cooperante, texto que aprobóuse en abril de 2006 e que supon melloras laborais para os cooperantes, como un seguro de saúde colectivo e medidas para que, o seu retorno a España, poidan incorporarse mais fácilmente ao mercado laboral.
Amigos da Terra leva desde o ano 2004 desenvolvendo proxectos de Cooperación no Salvador e Nicaragua, sendo a única asociación que traballa cun claro enfoque medioambiental, por suposto, sen esquecer a visión plural de desenvolvemento, baseada no crecemento económico, igualdade, participación social, sostibilidade ambiental e interculturalidade. Pero todo esto non pode ser posible sen contar coa labor dos nosos cooperantes, establecidos en Nicaragua e o Salvador, que no terreo responsabilizanse da execusión eficaz e eficiente dos proxectos, conxuntamente coas contrapartes e institucións locais en cada un dos países onde estamos presentes.

De maneira que desde a nosa asociación valoramos e agradecemos moitisimo o traballo que realizan e que con ilusión e gañas de cambiar as cousas é a única maneira de conseguilo cambio desta sociedade.