Amigos da Terra Cooperación ao desenvolvemento

Amigos da Terra participará no Seminario sobre Conservación e Cooperación

Amigos da Terra o próximo 10 de abril, participará no Seminario “Retos e Desafios da cooperación internacional na conservación da biodiversidade”, os obxectivos deste son: promover a integración da conservación nas políticas, programas e proxectos que se levan a cabo no marco da cooperación internacional para o desenvolvemento, facilitar o intercambio de coñecemento e experiencias no ámbito da cooperación e contribuir aos esforzos e accións da cooperación española e galega.

Neste seminario aproveitaremos a oportunidade para demostrar a importancia que ten incluir aspectos de conservación na cooperación, a través da presentación das experiencias en cooperación e conservación, así como remarcar que a conservación por si soa non é viable sen un plan integral de aproveitamento sostible da biodiversidade.

O seminario celebrarase no Castelo de Santa Cruz, Oleiros, e está organizado polo Centro de Extensión Universitaria y Divulgación Ambiental (CEIDA), Ministerio de Asuntos exteriores e de Cooperación, Axencia de Cooperación Española, Universidade de A Coruña e a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible. Para máis información.