Amigos da Terra participará no Simposio de Antropoloxía e Cooperación
Amigos da Terra o próximo 11 de abril, presentará unha comunicación no “Simposio de Antropoloxía e Cooperación” que se celebrará os días 8, 9, 10, 11 de abril na Facultade de Humanidade de Ferrol da Universidade de A Coruña, dito Simposio esta organizado pola Asociación Luso-Galega de Antropoloxía Aplicada (ALGA).
Nesta ocasión aproveitaremos para presentar a nosa experiencia en cooperación con enfoque ambiental, que nos carateriza, e facer un chamamento a necesidade de aplicar realmente o que dice o Plan Director de Cooperación Galega 2006-2009: “A defensa do medio ambiente é un requisito fundamental de calquera proceso de desenvolvemento que pretenda a súa perdurabilidade no tempo”, Por iso as entidades que fan cooperación deberían telo en conta e sobre todo aplicalo, sen que esto signifique un mero trámite administrativo.
Para máis información podes pinchar aquí