Amigos da Terra Cooperación ao desenvolvemento

Agareso conseguiu entrar en Honduras

Tras dous días de espera no departamento fronteirizo de Chinandega (Nicaragua), os cinco reporteiros de Agareso conseguiron entrar o xoves en Honduras para rematar o traballo planificado en colaboración con Amigos da Terra. A noticia da retirada do toque de queda e a apertura de fronteiras, supuxo unha grande alegría para a expedición, que dependía totalmente da evolución dos acontecementos no país centroamericano.

Os integrantes de Agareso levan máis dunha semana coñecendo os proxectos que Amigos da Terra está a realizar en O Salvador e Nicaragua e finalmente, a pesar das adversidades, puideron concluír o seu traballo visitando as localidades do Golfo pertencentes a Honduras.

Debido á situación política da última semana en Honduras, tiveron que modificar lixeiramente o seu planning de traballo, non obstante, reuníronse cos membros directivos da Asociación de Pescadores Artesanais de Cedeño (APAC), mantiveron unha reunión en San Lorenzo co Comité para a Defensa e Desenvolvemento da Flora e Fauna do Golfo de Fonseca (CODDEFFAGOLF) e en Amapala puideron visitar aos pescadores artesanais de Playa Grande e a Lonxa de Coyolito.

A expedición de Agareso regresará hoxe a O Salvador para partir mañá rumbo a España, finalizando así o seu traballo no Golfo de Fonseca.

Lembrade que podedes seguir os acontecementos desta expedición na web de Amigos da Terra ou na páxina de Agareso