Amigos da Terra Cooperación ao desenvolvemento

O xornalista navarro Manuel Martorell fala mañá sobre a diversidade e o pluralismo en Oriente Medio

O Xornalista navarro Manuel Martorell, estará mañá mércores 15 de Febreiro en Santiago, na sé do Club Internacional de Prensa (Avda. Coruña 6 baixo), para falar sobre a “Diversidade e o Pluralismo en Oriente Medio”. O acto, que terá lugar ás 20:00 hs, é aberto ó público en xeral, e está organizado polo Club Internacional de Prensa coa colaboración do IGADI.
Na Conferencia estará tamén presente Irfan Güler, avogado kurdo residente en Santiago, que ten levado a cabo distintos proxectos de cooperación entre o concello compostelán e distintas cidades kurdas. Actualmente, está traballando no proxecto de rehabilitación do casco histórico do concello kurdo da cidade de Diyarbakir Sur. A fins de marzo, celebrarase en Santiago unha Semana Cultural Kurda.
Cando vivía en Kurdistán, Irfan Güler levou a cabo –como avogado- a defensa dos dereitos do pobo kurdo, participando en diferentes comisións do Colexio de Avogados de Estambul e é membro da Asociación de Dereitos Humanos de Estambul. Foi Secretario Xeral da Fundación para a Investigación sobre a Sociedade e a Lei, en Estambul, que está apoiada pola ONU e cuxos fins don a rehabilitación física das persoas torturadas en Turquía, e a defensa dos seus dereitos no Tribunal Europeo de Estrasburgo. Hoxe está realizando o doctorado na Facultade de Ciencias Políticas de Santiago.