Amigos da Terra participou no Foro de ONGD
O pasado día 28 de xaneiro o Concello de Santiago de Compostela en colaboración coa coordinadora galega de ONGs para o Desenvolvemento organizou o Foro de ONGD, e a el asistiu Amigos da Terra expoñendo o traballo que realiza en materia de cooperación co enfoque ambiental que lle caracteriza en tódolos proxectos, porque non existe verdadeiro desenvolvemento sen preservar e mellorar as bases ambientais sobre as que este se sustenta.
Amigos da Terra considera que este tipo de encontros son de especial interese porque neles “creanse espazos nos que intercambiar experiencias entre as diferentes organizacións, enriquecéndonos mutuamente, asimesmo é unha oportunidade para que expoñer á cidadanía o traballo diario que realizan as ONGs”.