O Parlamento de Galicia aproba o Plan Director de Cooperación 2006-2009
O Parlamento de Galicia aprobou nos pasados días o primeiro Plan Director da Cooperación Galega 2006-2009, documento que marca as liñas estratéxicas da acción da solidariedade galega a favor do desenvolvemento. É o marco de referencia do traballo que se realice dende os diferentes ámbitos de intervención: Administración autonómica ou local, ONGDs, empresas privadas…
Sete obxectivos concretan con claridade as liñas estratéxicas de actuación, todos eles amplamente desenvolvidos no propio Plan:
- Realizar unha política activa e integral de fomento do coñecemento das desigualdades no mundo, de sensibilización da poboación galega para a súa superación e de educación para o desenvolvemento
- Fortalecer todos os actores do sistema galego de cooperación. Procura da integración e o traballo conxunto.
- Mellorar a calidade técnica e operativa do sector. Orientación cara ao cumprimento de obxectivos.
- Ampliar e ordenar os medios da cooperación galega.
- Implicar e procurar sinerxías cos sectores galegos con experiencia de valor para a cooperación.
- Fomentar o comercio xusto e o consumo responsable.
- Elaborar estratexias para as prioridades da cooperación galega.
Dende Amigos da Terra creemos que o Plan de Cooperación é un bo instrumento para marcar as pautas a seguir neste eido.

¿Qué é a cooperación ao desenvolvemento?
Proxectos:




