Amigos da Terra Cooperación ao desenvolvemento

Amigos da Terra empeza a formar parte da Coordinadora Galega de ONGD,s

Desde o pasado 03 de xuño Amigos da Terra forma parte da Coordinadora Galega de ONGD,s para o Desenvolvemento, na Asemblea celebrada no Pazo da Cultura de Pontevedra, na que estiveron presente 22 organizacións, nesta dicutíronse diferentes temáticas entre elas a nosa incorporación, que foi aprobada por a maíoria das ONG,s presentes.
A importancia de estar na Coordinadora basease no intercambio de información no eido da cooperación ao desenvolvemento, Presión política, relacións con outras Organizacións, ademáis a Coordinadora Galega facilita o traballo en rede que permitirá a poboación ter acceso a información sobre o que se fai en cooperación nos países menos desenvolvidos.

Por outra banda cremos que a nosa aportación en cooperación ao desenvolvemento enfocado cara o medio ambiente pode ser a clave para que outras ONG,s traballen neste eido de xeito real e transversal e que se entenda que a pobreza e a problemática ambiental estan íntimamente relacionada, polo que a única maneira de erradicar a pobreza e mellorando a xestións dos recursos naturais das poboacións beneficiarias de proxectos de cooperación.

Pouco a pouco conseguiremolo!!!