Amigos da Terra Cooperación ao desenvolvemento

Nicaragua mellora a capacidade dos pescadores artesanais

Amigos da Terra implementará un proxecto en Nicaragua baseado na “Mellora das capacidades dos pescadores artesanais para a produción de produtos marino – costeiros na Peninsula de Cosigüina, do Golfo de Fonseca” grazas ó apoio da Dirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia.

IMG_02811.jpg

O Golfo de Fonseca é identificado como un área prioritaria no que se refire ao desenvolvemento de accións de conservación dos seus ecosistemas desde a década dos 70”. Non é senón ata 1993, tras o surximento do instrumento normativo “Convenio para a Conservación da Biodiversidade e Protección de Áreas Silvestres Prioritarias en América Central”, cando se establece como área prioritaria de traballo no ámbito rexional e se mandata a creación dun efectivo corredor biolóxico no Golfo de Fonseca.

A Península de Cosigüina é unha área que ten unha heteroxeneidade ecolóxica natural, que unido á vantaxosa posición xeográfica que ocupa, ofrece un alto potencial para a diversificación das actividades socioeconómicas. A baixa capacidade de investimento de capital e servizos de parte das institucións do estado, obedece á falta de coñecemento e valorización do potencial natural da área en materia agropecuaria, forestal, vida silvestre, turismo e recreación que presenta a área.

A Reserva Natural Volcán Cosigüina está situada no Municipio “El Viejo” no Departamento de Chinandega, Nicaragua. É co-manexada pola ONG Loitadores Integrados ao Desenvolvemento da Rexión (LIDER) a través dunha concesión de dez anos outorgada polo Ministerio do Ambiente e os Recursos Naturais (MARENA).
Na área Protexida atópanse incluídas dúas zonas de manexo que son de moita importancia para a conservación do recurso pesqueiro: Zona de protección Mariño Costeira (1513.07 Has.) e Zona de Amortiguamiento Mariño (16,952 Has.), as que foron definidas como zonas de aproveitamento sostible e que polo seu acceso son priorizadas polos pescadores artesanais.

O Proxecto: “Mellora da capacidade de pescadores artesanais para a produción e comercialización de produtos mariño costeiros na península de Cosigüina Nicaragua”, apoia instrumentos legais como a lei de pesca, o regulamento de Áreas protexidas de Nicaragua, a lei de municipios entre outras. Á súa vez inclúe accións priorizadas no plan de Manexo da área protexida e articúlase aos esforzos de conservación do recurso mariño costeiro en todo o golfo de Fonseca e a procura de alternativas sostibles de desenvolvemento para as comunidades que o habitan.

Para alcanzar os obxectivos executaranse 3 grandes compoñentes:

  1. Manexo Comunitario dos Recursos Mariño Costeiro: a través do proxecto incentívase o aproveitamento sostible do recurso mariño costeiro como unha fonte alternativa de desenvolvemento para as comunidades de Cosigüina. Apóiase o ordenamento da actividade pesqueira a través da asesoría a pescadores e legalización das súas embarcacións. Fortalécense as bases locais ao redor da pesca a través de capacitacións, intercambios de experiencias, encontros, legalización de estruturas, distribución de folletos e outros. Contarase co apoio do Instituto da Pesca (INPESCA), o Ministerio de Transporte e Infraestrutura (MTI), a alcaldía Municipal “El Viejo”, a Mariña do Exército Nacional, o Ministerio do Ambiente e os Recursos Naturais, a Federación nicaraguana de Pescadores Artesanais (FENICPESCA) e outras entidades presentes na zona.
  2. Coñecemento e protección dos recursos: transversal a todo o proxecto, e encamiñado a modificar o actual esquema de conduta dos habitantes, daranse a coñecer os valores ambientais e o grao de perturbación dos mesmos. Utilizaranse métodos participativos de transmisión de coñecementos como elaboración e distribución de manuais e afiches, exposición de resultados, encontros, intercambios e outros. Elaborarase en conxunto con CODECA no Salvador un estudo de biodiversidade, o cal pretende avaliar o estado dos recursos mariño costeiro no golfo e con iso mapear zonas de protección e explotación sostibles, cotas de extracción e tallas viables para a extracción. A información obtida será compartida coas comunidades e entes reitores dos tres países do Golfo de Fonseca e definir a partir dos encontros acciones para a conservación do recurso.
  3. Fortalecemento das bases organizativas: promóvese o achegamento entre pescadores e autoridades locais e gobernamentais. O obxectivo destes eventos é sentar as bases para a organización do sector pesqueiro e a inclusión do mesmo nas axendas de compromisos das entidades. Estes eventos de intercambio e capacitación comunitaria, darán inicio á formación dunha unión de cooperativas que represente de forma máis fortalecida aos pescadores da zona. Esta organización sería de moita axuda para fortalecer o gremio, mellorar as condicións de vida dos pescadores, acopiadores e comerciantes e axudaría a levar ao sector pesqueiro ás instancias de decisión en canto á administración dos recursos naturais da illa.

O proxecto beneficiará directamente a 350 persoas dos cales o 40% son mulleres e de forma indirecta a 720 persoas. Entre os beneficiarios atópanse pescadores artesanais de catro cooperativas en Cosigüina, mariscadores, guardaparques e entidades para a vixilancia e control, outros pescadores e estudantes da zona, así como tamén pescadores do Estero Real e Estero Pai Ramos.