Amigos da Terra Cooperación ao desenvolvemento

Nicaragua mellora a capacidade dos pescadores artesanais

Amigos da Terra implementará un proxecto en Nicaragua baseado na “Mellora das capacidades dos pescadores artesanais para a produción de produtos marino – costeiros na Peninsula de Cosigüina, do Golfo de Fonseca” grazas ó apoio da Dirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia.

IMG_02811.jpg

Ler máis…

A Dirección Xeral de Cooperación recoñece o traballo en Cooperación de Amigos da Terra

O pasado 30 de xullo a Dirección Xeral de Cooperación fixo pública as Resolucións das Convocatorias dos Proxectos de Cooperación no exterior, de sensibilización e de fortalecemento na que adxudicou este ano 5.170.454 ao financiamento de 83 proxectos, o que supón un incremento de preto do 20% con respecto ao ano anterior.

O traballo de Amigos da Terra foi recoñecido, xa que fumos beneficiados con tres proxectos, un de fortalecemento que ten como obxectivo a implementación do Plan Estratéxico de Amigos da Terra, así como a promoción da área de cooperación, a través dun Plan de difusión e comunicación; dous Proxectos de Cooperación no Exterior uno para o Salvador e outro para Nicaragua, os proxectos se desenvolveran na zona do Golfo de Fonseca de ambos países, o obxectivo que se pretenden acadar é a construción da integración do Golfo de Fonseca desde a poboación máis desprotexida da rexión partendo da protección e aproveitamento dos recuros marinos-costeiros, o obxectivo cumprirase a través da realización de varios compoñentes entre eles: Fortalecemento das bases organizativas, investigación e protección dos recursos marinos-costeiros, implementación dun programa para a conservación e explotación sostible, desenvolvemento de programas de vixiancia e control.

Amigos da Terra é a única asociación a nivel de Galicia que desenvolve proxectos cun claro enfoque ambiental, porque partimos da base que o Medio Ambiente é a clave para poder erradicar a pobreza no mundo, por iso queremos ser o referente para outras organizacións e que entendan que non podemos combatir a pobreza sen antes abordar os problemas ambientais.

Candidata Pobreza Cero: Iniciativa Solidaria cara as Municipais de Maio

pobrezacero-7-mayo-G.gif

Desde a Coordinadora estase promovendo unha Iniciativa Solidaria que é a de realizar unha labor de incidencia política en relación coas eleccións municipais que terán lugar o vindeiro 27 de maio. Isto supón, continuar co labor de interlocución e incidencia que se leva a cabo ante a Xunta de Galicia e que cremos ten dado resultados positivos, como se manifesta no aumento de fondos que destina a Xunta para cooperación internacional, e que este ano 2007 pode acadar a cifra histórica do 0,1% dos orzamentos da Xunta de Galicia.

Nos concellos e deputacións de Galicia, a situación, lamentablemente, e moito peor, e salvo casos puntuais como o concello de Oleiros, non hai un esforzo decidido nin un compromiso para aumentar as aportacións destinadas á cooperación internacional.

A idea e cambiar esa tendencia e a través dunha acción coordinada, similar á implementada o pasado sábado 21 de outubro, onde houbo accións en 5 cidades galegas reclamando maior esforzo na loita contra a pobreza no mundo. É por iso que se fixo unha Valoración dos Programas Marco dos principais partidos políticos (PP, PSOE, IU e BNG) e súa implicación para acabar coa pobreza, os resultados presentarase o día 07 de maio nunha Rolda de Prensa no Club Internacional de Prensa en Santiago de Compostela (Avenida da Coruña 6, baixo) ás 11:30h.
Deste xeito, tras a presentación oficial en Santiago da Candidata Virtual Pobreza Cero, realizaríamos de forma conxunta e coordinada en cada cidade Galega ás 13:00 horas un acto simbólico de presentación das nosas propostas aos partidos políticos, para mellorar a cooperación ao desenvolvemento descentralizada dos nosos concellos.

Este acto, debe ser artellado e organizado polo grupo de organizacións que se xunten en cada cidade.

Para coordinadora os actos en cada cidade existe unha organización de referencia coa que teriades que poñervos en contacto para aportar ideas para realizar no acto e para coordinarvos:

  • A Coruña: Intermón Oxfam.
  • Ferrol: Axuda en Acción e Acción Social Néboa
  • Lugo: A Cova da Terra.
  • Ourense: Amigos da Terra.
  • Pontevedra: Amarante.
  • Santiago: Coordinadora Galega de ONGD

Se estades interesado en unirvos a esta inicativa contacta co calquera destas organizacións.

Acabar coa pobreza é unha reponsabilidade de todos e todas!!!

A Xunta aproba o Plan Anual de Cooperación para o Desenvolvemento 2007

O Consello da Xunta do pasado xoves día 15, deu o visto e prace á proposta do Plan anual de cooperación para o desenvolvemento 2007, elaborado pola Dirección Xeral de Cooperación Exterior. O programa, que forma parte do I Plan director 2006-2009, inclúe un incremento orzamentario do 40% respecto ao exercicio anterior, o que supón que practicamente o 0,1 do orzamento do Goberno galego se dedicará á cooperación internacional.

Do orzamento total, que é de 9,3 millóns de euros, un 67,7% destinarase a convocatorias públicas de axudas dirixidas a proxectos de cooperación no exterior; un 21,8% achegarase ao cofinanciamento de proxectos de cooperación, formación e sensibilización; un 7,5% irá dirixido ao financiamento de proxectos conxuntos coa AECI a través do Plan Operativo Xunta-AECI 2007-2008 e un 3,3% será para actividades de difusión da cooperación galega: páxina web, campaña de comunicación e publicacións, entre outras accións.

O documento aprobado foi consensuado e aprobado polos tres órganos galegos establecidos na Lei galega de cooperación: a Comisión Interdepartamental de Cooperación ao Desenvolvemento (Cincode), a Comisión Interterritorial de Cooperación para o Desenvolvemento (Cintercode) e o Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento (Congacode).

O plan recolle para o presente ano o mantemento das iniciativas postas en marcha o pasado ano, xa que se trata de obxectivos para lograr a longo prazo. Entre estas metas, é preciso subliñar a sensibilización e educación para o desenvolvemento, o fortalecemento do sistema de cooperación galega e tamén o apoio ao comercio xusto, todos eles considerados eidos de especial atención.
Ler máis…

Amigos da Terra organizou a Campaña “Apadriña unha árbore”

O pasado 08 de febreiro Amigos da Terra saliu a rúa con motivo da Campaña “Apadriña unha árbore” o obxectivo da campaña foi achegar a poboación á cultura de reforestación, explicando aos viandantes a importancia dos bosques e a problemática dos lumes que afectan Galicia no veran. Ademáis recolleronse peticións para administración onde se esixía unha xestión sostible dos montes.
Apadriñaun-arbore-01.jpg
Asemesmo explicar que o diñeiro recaudado dos apadriñamentos utilizarase para o Proxecto de Cooperación de Villa El Carmen en Nicaragua, xa que dentro deste contemplanse actividades de reforestación para Mellora das condiciós ambientais da zona.

Apadriñaun-arbore-02.jpg

Gracias a todalas persoas que colaboraron nesta Campaña o Medio Ambiente e as poboacións menos favorecidas Agradecerancho!!!

« Seguinte páxinaPáxina anterior »