Amigos da Terra Cooperación ao desenvolvemento

Reunión da Comisión de Comercio Xusto

O pasado 21 de xullo do 2006 conformouse na sé da Coordinadora Galega de ONGD a Comisión de Comercio Xusto, desta forman parte as seguintes organizacións: A Cova da Terra, Amarante, Coopera, Intermón Oxfam, Solidaridad Internacional de Galicia, Taller de Solidaridad e Amigos da Terra.

Dita Comisión traballará en torno a tres eixes:

  • Difusión, sensibilización e educación
  • Presión política
  • Formación Interna

É así que a Comisión de Comercio Xusto, reunirase o venres 29 de setembro as 20:00, na sé da Coordinadora en Santiago de Compostela para elaborar o Plan de Traballo da Comisión.

Reactivase a Campaña Pobreza Cero en Ourense

O día 28 de setembro na Casa da Xuventude, reuniranse 12 organizacións para reactivar a Campaña “Pobreza Cero”, que se levou no ano pasado. Esta campaña trata de facer presión aos políticos para que cumpran cos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio que se asinaron no ano 2000 e que tiñan de prazo de cumprimento o ano 2015, e habendo pasado seis anos, ainda non se acadou nada.

E por iso que as organizacións de Ourense reuniranse este xoves 28 de setembro as 20:30 para organizar unha movilización para o día 21 de outubro baixo o lema “Rebélate contra a Pobreza. Máis Feitos, Menos Palabras”.

Únete á Movilización, que non exista pobreza depende de todos e todas!!!

Mandamentos do Bó Cooperante: A Coordinadora galega de ONGs publica unha guía para orientar aos cooperantes

O tema da Cooperación esta collendo moito auxe, e cada día máis xente está interesada en cooperar e prestar o seu tempo a desenvolver actividades que poidan mellorar as condicións dos países menos desenvolvidos.

Pero esta cooperación non pode facerse dun xeito desorganizado, senón que ten que seguir uns principios moi básicos, que ademáis de recoller as boas intencións de colaborar este acompañada dun saber estar nunha cultura e un sistema de valores diferente daquel no que se formou o cooperante.

E por iso que a Coordinadora Galega de ONG,s publicou unha guía orientativa de conduta dirixida a persoas que participen en proxectos de cooperación ao desenvolvemento. O texto da publicación pertence a Víctor Viñuales.

Os mandamentos do cooperante son os seguintes:

  • Deixaras a contraparte local protagonizar o proxecto
  • Estimularas a autoestima na contraparte local
  • Non axudarás a quen non se axuda a si mesmo
  • Cooperarás, non faras doazóns
  • Atenderás o proceso: é o fundamental
  • Comprederás a cultura local
  • Evitarás o norte-centrismo nas túas análises e na túa conduta
  • Non imporás, pero aceptarás todo
  • Non te enganes: o poder esta desigualmente repartido
  • Serás ponte: traducirás as dúas lóxicas
  • Coordinarás o teo proxecto co dos outros
  • Aceptarás que a meta non e ser querido polos pobres
  • Descrubrirás que cooperar é aprender
  • Conveceráste que a finalidade da cooperación e desaparecer.

Desde Amigos da Terra animamoste a que colabores como cooperante nalgúns dos proxectos que desenvolven as organizacións nos países menos desenvolvidos, de maneira que podas contribuir a un cambio.

Guía dos mandamentos do Bó Cooperante

Día Internacional das Poboacións Indíxenas

O 09 de agosto celébrase o Día Internacional das poboacións Indíxenas. Esta data foi decretada pola ONU por ser o aniversario do primeiro día da reunión que celebrou en 1992 o Grupo de Traballo sobre as poboacións indixenas da Subcomisión de Prevención de Discriminación e Protección das Minorías.

Na actualidade hai polo menos 5000 grupos indíxenas integrados por 300 millóns de persoas que viven en máis de 70 países en cinco continentes. Muchos deles foros excluidos dos procesos de toma de decisións de seus países, a moitos deles se lles marxinou e viven nun grave estado de pobreza. Asemesmo, a maioría viven nunha constante loita pola defensa de seus dereitos, que é os dereitos humanos máis elementais como o dereito á vevenda, traballo, educación, saúde e alimentación.

Todolos países están formados por máis dun grupo étnico, como consecuencia dos intercambios culturais, socias e económicos que os seres humanos habemos realizado a través da historia. Cada grupo étnico o cada pobo produce unha cultura que dá como resultado distintas costumes, tradicións, linguas, vestuarios, arquitectura, etc. Non hai culturas superiores, nin inferiores, senón diversas. Todolos seres humanos somo iguales en canto a dignidades e dereitos. Sen embargo existen grupos como os indíxenas, que hoxe en día seguen sendo víctimas da inxustiza e a discriminación.

Por elo desde Amigos da Terra cremos que a cooperación ao desenvolvemento é unha ferramenta perfecta para contribuir a que esas poboacións persistan e que parte do seus coñecementos, polo menos o que respecta a manter o equilibrio coa natureza, sexa asumido polas poboacións occidentais, como un modelo claro de sostibilidade.

A diversidade cultural é un aporte á humanidades e debemos contribuir a súa preservación.

A Unión Europea carece dunha Estratexia Medioambiental na Cooperación ao Desenvolvemento

O Tribunal de Contas puxo en marcha, en 2005 unha investigación para determinar se a Comisión Europea dispoñía dunha Estratexia global para abordar os aspectos medioambientais da súa cooperación ao desenvolvemento e se había adoptado os dispositivos de xestión necesarios para aplicar dita estratexia.

O tribunal de Contas Europeo concluíu que o Executivo comunitario carece dunha estatexia ambiental global que guíe adecuadamente a súa cooperación ao deselvolvemento e recomendou establecela sobre a base do novo enfoque adoptado en 2005, para a súa política de desenvolvemento. Ademáis recomenda que faga efectiva a integración do medio ambiente na súa axuda fianciera directa e que mellore a eficacia dos proxectos ambientais.

E por iso que dende a experiencia que ten Amigos da Terra  en cooperación con enfoque medioambiental debe contribuir a que este tema poida ser incluida verdadeiramente nas estratexias de cooperación tanto da Unión Europea como nas adminitracións públicas españolas.

documento: Aspectos Medioambientais da Cooperación ao Desenvolvemento 2006

« Seguinte páxinaPáxina anterior »