Amigos da Terra Cooperación ao desenvolvemento

Amigos da Terra Participa na Primeira Semana Solidaria en As Pontes, A Coruña

Amigos da Terra Cedeira participará este xoves 13 de xullo na Primeira Semana Solidaria que organiza o Concello de As Pontes, nesta habera unha caseta informativa onde presentaremos os proxectos de cooperación que se desenvolven en Latinoamérica. 

O Concello de As Pontes comenta que A Semana Solidaria e unha chamada á solidaridade e a promover unha sociedade máis xusta. Así como unha oportunidade para que as ONG,s intercambien experiencia e coñecemento, poidan dar a coñecer o seu traballo.

Se queres coñecer máis de preto o que fai Amigos da Terra achegate ata o Parque Municipal de As Pontes a partires da 16.30 ata 20:30.

Amigos da Terra participa nunha Mesa de Discusión sobre o Obxectivo de Desenvolvemento Nº7

O día 8 de septembro do ano 2000, a Cume do Milenio reunía na sé da Organización de Nacións Unidas en Nueva York a 189 Xefes de Estado e de Goberno, co fin de transmitir a mensaxe clara de que a erradicación da pobreza mundial debía ser unha prioridad para todas as nacións. Este espírito reflectiuse na Declaración do Milenio que asinaron todos os asistentes ao cume, e que constitúe fundamentalmente un firme compromiso cos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio que pretendense acadar no 2015.

E por is que O Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade covidanos a participar á Reviravolta Por un desenvolvemento Sostible, encadrada na campaña “Voces de Aquí e de Alá revirando o Milenio”, que xira aredor dos Obxectivos do Milenio, así como nunha mesa de discusión entre asociacións que traballan no tema medioambiental, na que se discutirá o obxectivo numero 7.

Este obectivo trata de Garantir a sostenibilidad do medio ambiente a través de integrar os principios de desenvolvemento sostible nas políticas e programas dos países, e de reducir a metade a porcentaxe de persoas que carece dun acceso sostible a auga potable segura.

O aporte de Amigos da Terra a este obxectivo e a forma na que se fan os proxectos de cooperación ao desenvolvemento nos cales imprimese o toque ambiental o máis ben integral que inclue mellora das condicións da calidade de vida das poboacións menos desenvolvidas, mellora das condicións ambientais, e mellora das infraestructuras. Por esta razón e moi importante que a nosa organización participe xa que estamos seguros que a única forma de combater a pobreza no mundo e mellorando as condicións ambientais das comunidades.

A Reviravolta terá lugar en Allaríz, este xoves 13 as 20:30, no Centro Social O Portelo e a mesa de discusión será as 18:30.

Amigos da Terra empeza a formar parte da Coordinadora Galega de ONGD,s

Desde o pasado 03 de xuño Amigos da Terra forma parte da Coordinadora Galega de ONGD,s para o Desenvolvemento, na Asemblea celebrada no Pazo da Cultura de Pontevedra, na que estiveron presente 22 organizacións, nesta dicutíronse diferentes temáticas entre elas a nosa incorporación, que foi aprobada por a maíoria das ONG,s presentes.
A importancia de estar na Coordinadora basease no intercambio de información no eido da cooperación ao desenvolvemento, Presión política, relacións con outras Organizacións, ademáis a Coordinadora Galega facilita o traballo en rede que permitirá a poboación ter acceso a información sobre o que se fai en cooperación nos países menos desenvolvidos.

Por outra banda cremos que a nosa aportación en cooperación ao desenvolvemento enfocado cara o medio ambiente pode ser a clave para que outras ONG,s traballen neste eido de xeito real e transversal e que se entenda que a pobreza e a problemática ambiental estan íntimamente relacionada, polo que a única maneira de erradicar a pobreza e mellorando a xestións dos recursos naturais das poboacións beneficiarias de proxectos de cooperación.

Pouco a pouco conseguiremolo!!!

Amigos da Terra participa na Feria Solidaria e do Comercio Xusto en Carballiño, Ourense

O área de voluntariado do Concello do Carballiño organiza con patrocinio da obra Social de Caixa Galicia a Feria Solidaria de e do Comercio Xusto nesta participará Amigos da Terra os días 24 ao 26 de maio, en horario de 10:30h – 13:30h e 16:00 – 20:00.

A feria permitirá a promoción das actividade que desenvolve Amigos da Terra nos ámbitos da solidaridade, mostrando os distintos proxectos que desenvolvense en países como Nicaragua e O Salvador.

Tamén teremos a oportunidade de concienciar a poboación na importancia do consumo do comercio xusto, para contribuir na mellora das condicións dos pobos menos favorecidos, ademáis e unha forma de intercambiar ideas entre as ONG,s participantes.

O Parlamento de Galicia aproba o Plan Director de Cooperación 2006-2009

O Parlamento de Galicia aprobou nos pasados días o primeiro Plan Director da Cooperación Galega 2006-2009, documento que marca as liñas estratéxicas da acción da solidariedade galega a favor do desenvolvemento. É o marco de referencia do traballo que se realice dende os diferentes ámbitos de intervención: Administración autonómica ou local, ONGDs, empresas privadas…

Sete obxectivos concretan con claridade as liñas estratéxicas de actuación, todos eles amplamente desenvolvidos no propio Plan:

  1. Realizar unha política activa e integral de fomento do coñecemento das desigualdades no mundo, de sensibilización da poboación galega para a súa superación e de educación para o desenvolvemento
  2. Fortalecer todos os actores do sistema galego de cooperación. Procura da integración e o traballo conxunto.
  3. Mellorar a calidade técnica e operativa do sector. Orientación cara ao cumprimento de obxectivos.
  4. Ampliar e ordenar os medios da cooperación galega.
  5. Implicar e procurar sinerxías cos sectores galegos con experiencia de valor para a cooperación.
  6. Fomentar o comercio xusto e o consumo responsable.
  7. Elaborar estratexias para as prioridades da cooperación galega.

Dende Amigos da Terra creemos que o Plan de Cooperación é un bo instrumento para marcar as pautas a seguir neste eido.

Ampliar información

« Seguinte páxinaPáxina anterior »